A aventura estaba a punto de rematar, fora un día cheo de emocións, nervios, ilusión… pero xa se estaba en marcha para a volta.
Os huéspedes xa apuraban os últimos detalles de recoller as pertenzas e dar o último vistazo para que non quedara nada e coller o autobús cara á terriña.
As miñas protagonistas de hoxe foron moi lixeiras e acabaron antes que ninguén. Mentres esperaban a saída, relaxáronse nos asentos do hotel, facendo tempo. Compartíran habitación e xa entregaran a tarxeta-chave en recepción. Nada facía presaxiar o susto.
Ao cabo dun tempo, unha delas díxolle á outra:
– “Oíches, e sabes unha cousa, que me está parecendo que perdín a dentadura”?
– Como dís? Dílle a compañeira. Pero logo ti non sabes se a tes na boca, e logo cando almorzaches non te deches conta se che faltaba?
– Pois non, di a afectada. Eu como almorcei todo blando, fun comendo ben… pero agora noto algo raro na boca e non estou segura.
– Pero bota a mau e mira hoh, que se non a tes hai que ir buscala porque se van as da limpeza acaba na lavandería ou peor aínda, na basura.
– Eu sei que cando me deitei saqueina, e envolvína nunha servilleta que deixei debaixo da almofada pero agora non estou segura de se a teño na boca.
A compañeira, vendo que a cousa se poñía fea e o tempo apremiaba, achegouse a recepción intentando explicar o caso da mellor maneira posible sen perder a compostura e aguantando a risa .O conto ben merecía unha boa risada pero agora era o momento de actuar. E cando xa levaba uns eternos minutos co seu relato, a señorita que a escoitaba amablemente detrás do mostrador abriu a mau e entregoulle algo envolto nunha servilleta.
Por fín!! Aparecera a dentadura e xa a muller podía respirar aliviada por non ter que ir gastar os cartiños de novo ao dentista, e tamén a alegría de poder morder todo o que se lle puxera ao alcance. Ahora xa podían rir a gusto e tranquilas. O susto xa pasara, pero non lle viría mal a compra dun sensor por se a volve a perder.