A noite prometía, a sala estaba chea de xente e era hora de tomar uns cubatas para empezar a noite. Na barra, a xuventude arrimábase para pedir algo que lle alegrase para saltar a bailar á pista.
Eu era un deles, tiña ganas de divertirme e ligar algo si podía. Despois de tanto estudiar toda a semana, ben merecido o tiña. Así que púxenme en acción. Fomos todos xuntos a barra e cada un colleu o que lle pedía o corpo, bebemos tranquilos hasta unha certa hora. Aínda sonaban as rápidas e eu esperaba polas lentas, era unha maneira de… refregarse sanamente. Logo duns sorbiños máis chegou o momento. Xa levaba tempo contemplando entre luces e sombras unha rapaza que me gustaba e tiña uns aires diferentes das compañeiras de grupo. Así que apurei o que quedaba no vaso e alá me fun todo decidido a pedirlle a bailar, non levaba moita esperanza que me dixera que sí, pero por intentálo que non quedara. E como por arte de maxia, aceptou. Eso xa me puxo contento, xa estaba no bote, podía chegar a cousa a máis pero tiña que me comportar e non facer o tolo coma sempre. Así que, “calma decíame a mín mismo, e non te aceleres que se che vai notar e despois perdes as ocasións todas”.
Empezamos a bailar algo separados e a cousa iba ben. Pero, según iban pasando o tempo e a peza seguía os nosos corpos íbanse pegando máis. Eu empezei a estar algo molesto, cada vez que rozaba unha perna miña ca dela sentía a presencia incómoda de algo largo,gordo e duro que me molestaba pero que non lograba ver co efecto das luces que cambiaban de colores moi rápido. Xa me estaba tardando en acabar a peza, quería largarme canto antes. E por fín acabou. Sentínme liberado, despedínme como puden da rapaza e escapei o amparo dos meus compañeiros que seguían na barra e non sospechaban nada do difícil momento que eu acababa de vivir. Non puden máis e conteillo a un deles, co que máis confianza tiña. Díxenlle que aquela moza tiña un bulto sospechoso e que me puxera moi nervioso. O meu amigo en vez de axudarme, non se lle ocorreu máis que botarse a rir coma un descosido e o único consello que me dou foi que volvera e lle preguntara a rapaza en cuestión, que non marchara ca duda para a casa. Non o vía claro, pero tamén me picaba a curiosidade e armeime de valor e pregunteille.
As pernas temblábanme e tiña medo da resposta ,pero ela respondeu toda tranquila:
-¿Ah, dís o bulto este?
– Sí, ese que me molestou todo o baile.
– Eso non e nada hoh, e que pola tarde fun apañar á herba e levei a pedra de afíar a gadaña no bolsillo do pantalón, cando salín pola porta para vir para a discoteca ,vín que a deixara na entrada e non me acordara de gardala no seu sitio, así que como non me daba tempo de volver para atrás que me estaban esperando, e tiña medo que a roubaran… metínna no bolsillo e tróuxena conmigo que aquí está segura.
🙂 eu tamén levei sorpresa, que xa estaba pensando q a sorpresa ía ser superar tabús e abrirsr a novas experiencias sexuais! (Dígocho eu wue xa pouco máis podo practicar que o sexo tántrico!)
Bico, rula