A Sagrada Familia

A Sagrada Familia

Xa chegou de novo, non sei as veces que da a volta. Son recordos de nena e que aínda co paso do tempo me siguen facendo ilusión. E a caixa da Sagrada Familia, vai pasando de casa en casa onde bota unha noite e se acostumbra a encenderlle unha veliña ou “mariposa”-que consiste nun vaso de auga con un pouco de aceite e unha mecha metida nun redondel de corcho e un plástico gris como o das veliñas individuales- para que estea iluminada toda a noite. Ríndeselle  culto porque´e unha visita digna de coidar. E unha honra que veña a casa. Trátase da imagen da Virgen María, San José e o Neno Jesús que están debaixo dun árbol que non logro saber cal é. Están adornados por unhas floriñas artificiales para adornar, teñen un cristal por diante para que non se lle poida tocar, imagino que para prevenir que se deterioren.Veñen nunha caixa de madeira e cérrase con un alambre. Para o seu transporte ten unha asiña pola que se colle, e así cerradiño, non corre peligro ningún.

Penso que xa quedan poucos sitios onde se siga mantendo esta tradición e a mín gústame que non se perda. Non sei ben de onde sale, sólo sei que da voltas por toda a parroquia.

Recordo que tiña outra caixa e era de color castaño oscuro, co tempo foise deteriorando e tamén o cristal, polo que como estaba roto, a xente botáballe cartos, normalmente 5, 10,… pero nunca se vía unha de 100  ou de  500  pesetas  e menos billetes.Despois alguén fixo unha ofrenda e encargou esta nova caixa pero xa viña moderna, traía o caixón para si querías botar… algo, que tuveras sitio dabondo, e ca súa correspondente pechadura. Algo lle debeu pasar que ahora trae unha cinta aislante negra agarrando o caixón porqué senón, abrése. Pero quen pode querer roubar nesta caixiña si non ten nada que levar?

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s