Morogos.

A historia aconteceu fai moitos anos, ainda eu era unha moza e non casara. Había que levar a cabra ó castrón e tocounos a meu irmau e máis a mín. Era lonxe e puxemos pés ó camiño para acabar canto antes xa que a ningún dos dous nos facía moita ilusión ír. Pero as órdenes de noso pai foran claras e a cabra esperaba toda alegre como si presentira o viaxe.

Así que alá fomos, pero cando xa faltaba pouco para facer o xuntoiro, atopamos unhos morogos e eu ca fame que levaba, non me puden resistir. Habíaos en poucos sitios e quería aproveitar a ocasión. Comín e comín con moita satisfacción e a mandas, pero mentras o alimento entraba  o meu mundo empezou a dar voltas, doíame a cabeza, o estómago, os ollos volvíanseme pequeniños  e o corpo decíame non máis, mellor todo fora  e eu non entendía que pasaba. Sólo me quería deitar e que me deixaran durmir. Ata que me dei conta  q  pillara unha talanquera  grande como o mundo, e quedei deitada xunto a unha fonte mentras meu irmau foi levar a cabra. Xa non sabía si rír ou chorar, quen me iba decír a mín que ca boa pinta que tiñan ben coloradiños e maduriños tuveran tantos grados.

Nunca máis os volvín a comer e ainda e hoxe o día que non os podo ver diante. Mi madriña que mal o pasei!!!. Sólo espero que a cabra o pasara mellor ainda que eu non a acompañara jajajaja. Polo menos algo bo sacamos aquel día que ela veu preñada jajaja.

 

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s