A casadura.

O encontro foi agradable xa que se comentaron as anécdotas e todos alegres, non sei ben por ónde se foi derivar ó tema pero a risa foi moi ben recibida. A historia foi como casi sempre das relacións dos homes e das mulleres e que ahora había moi poucos casamentos. E así empezou a relatar a historia verídica  o redactor todo cheo de razón.

Antiguamente a xente casábase unha vez e era para toda a vida fora ben ou mal había que aturar, pero miña nai contoume que súa tía casouse, tuvo dous fillos e quedou viuda. Ata aquí podería ser a historia de tantas mulleres pero ela encontrou de novo alguén que lle fixo tilín ,e apareceu alguen que a  consolou do seu mal e volveuse a casar. Algo completamente normal para quen quere refacer de novo a súa vida. Todo correcto, pero a mala sorte quixo que enviudase de novo. Volveu a quedar sola e desconsolada xa non sabía como seguír a vida pero o destino nunca se sabe o que ten preparado e ela non estaba disposta a renderse tan fácil así que Cupido tiroulle de novo as flechas e o seu corazón volveu a later de novo. Acudeu de novo  xunto ó señor cura a pedír os papeles para pasar pola vicaría  xa que era moi religiosa e quería cumplír como católica e non había razón que o impedira. Chegou toda ilusionada e fixo a súa petición e a resposta do cura non se fixo esperar.

Eu non teño ningún problema por darche os papeles, pero   levas tres e xa tes 72 anos, non será cousa de ír parando?.

Pero a muller estaba animada e decideu probar sorte por terceira vez ,e de novo estaba escrito que este terceiro marido acompañara ós anteriores ó paraíso.

E o noso contacontos dí que menos mal que ela pasou a vida mellor, que senón sabe Dios cantos chegaría a coleccionar.

 

 

 

 

 

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s