Choscoume o ollo!!

Hoxe achego un relato que me contaron que me fixo rir moito,pero está escrito sin ánimo de ofender  a ninguén e desde o respeto E sólo para contar unha anécdota de alguén  que xa non entende as relacións humanas.

O día era frío e húmedo coma un demonio, a filla e o pai foron a un concello para arreglar uns asuntiños. Cando acabaron o obligatorio a filla díxo que xa que estaban nesa vila aproveitaba para ir mirar unha tienda de moda.

-Vai vai sin problema ningún, dixo o pai todo cheo de razón. Eu xa paserei o tempo por aquí.

-Non non, non vas quedar aquí fora con este frío, estate tranquilo que te vou levar  a un bar moi acolledor e quedas alí tomando algo quentiño.

E tal como acordaron alá foron, entraron e o home sentouse nun taburete na barra, non era a súa costumbre pero como hoxe estaba solo non lle facía gracia coller unha mesa para él solo e alí xa había máis xente. Así pasaría desapercibido.

Pideu un vaso de leite ben quente e cando se dispoñía a beber o primeiro sorbo algo atrouxo a súa atención, pareceulle que o señor de lado lle choscara o ollo. Pero… non podía ser hoh, seguro que fora un reflexo de sol que entrara pola ventana, claro que sí. Tranquilidade estaba todo controlado, pero… cando volveu a poñer o labio no vaso para beber ,outra vez!

-Ai Dios, que me estou volvendo tolo, e a  vista que me está fallando ou ese desgraciado choscoume o ollo!!

E mentras estaba con eses pensamentos chegou a filla.

-Menos mal que chegaches, xa iba sendo horas.Estou todo enfadado, tí dónde me deixaches eh dónde? Seica toleaches?

A filla non entendía nadiña, e continuaba a decir:

– Pero papá de que me falas? Eu deixeite neste bar tan acolledor para que estuveras tranquilo e relaxado en canto eu facía uns recadiños nada máis.

-Tranquilo tranquilo, esto e un inferno! Nin siquiera puden tomar o leite a gusto.

-E logo que che pasou,sentícheste mal?

-Sentirme mal ? Eso e pouco en comparación co que acabo de vivir! Nunca pensei de vivir para ver esto, cando o escoitaba pensei que eran todo contos da xente. Pero agora por desgracia teño que decir que e certo. O mundo toleou!

-Pero conta dunha vez que me tes en ascuas e estoume poñendo nerviosa!

– E que me da vergonza contalo, pero… alá vai. O desgraciado aquel da esquina choscoume o ollo, primeiro pensei que era o reflexo do sol, despois que era a miña vista, pero a terceira xa vín que non me engañaba. Toleou ou que? Viñeronme unhas ganas de darlle un sopapo e empotralo contra a parede, pero claro encima tiña que pagalo por bo. Dios, fíxome saltalo xenio eh!! Cos anos que teño e aínda nunca cousa tal vira,pensei que estas cousas pasaban nas películas. O mundo virou do revés!! Onde se veu que un home fora con outro,  non hai abondo mulleres?

O home estaba fora de sí-

-Sacame de aquí que non son dono de mín, e voulle quitar a gana a este de choscarlle o ollo os homes, será desgraciado!!

A filla non aguantaba ca risa e decíalle:

Claro eu non me acordei que este bar tiña esa fama, pensei que non era certo. Tiña oído que había unhas contraseñas como pedir un café solo, e outras máis que non sei. Eso sí, do vaso de leite non sabía nada, o mellor e unha nova.

Pois —ahí queda a incógnita, haberá que velo para comprobalo.

“O asombramento”

Hoxe vou compartir con todos un conto que me contaron cando eu era pequena e que hoxe veu  á miña memoria, porque alguén o volveu a contar

-Estamos no inverno, tempo de estar ó caloriño  e de mirar a televisión, porque ós contos de antes xa pasaron de moda. Hoxe en día non se sínte falar desto, pero fai uns anos era un tema moi común nas casas o redor  do lume das lareira. Cómo non había en que pasalo tempo, e moita fame mesturado con frío, contábanse contos de meigas, mortos, fantasmas… en definitiva… todo relacionado co medo. Así e que cando se quería ir para a cama, morríamos co medo. Cando un rapaz choraba noite e día e non lograba ninguén facelo calar despois de moitos mimos entraba en xogo a frase: “seguro que ten o asombramento”Pois non se podía perder máis o tempo,  mau a obra canto máis antes.

O primeiro era ir buscar auga a tres fontes diferentes despois das 12 da noite  sin falar con ninguén. Quentala e peneirar enriba dela borralla. Despois coller nove pallas con nove nudos e unha tirala ó aire. As oito que quedaban había que queimálas nunha tella e as cenizas botalas na auga . Seguidamente había que meter alí o nen@, e fregalo desde os pés hasta a cabeza, todo cara arriba para que lle salira o mal. Logo coller unha servilleta de “labanisco” e colar a auga donde se lavou o nen@ . A borralla que queda na servilleta, hai que apretala ben hasta facer unha bola e cando estea feita, pártese e mírase o que hai alí. Pode haber pelos, de xente ou de animales, plumas…. Ahí e dónde se ve a que cousa ou persona lle colleu medo, de ahí ven o nombre: ” o asombramento”, porqué está cheo de medo. O facer este traballo dígamos, a súa alma queda liberada e tranquila.

Esta era unha práctica moi corriente, eu vín moitos casos e algúns salvaron e outros non. Hoxe penso que todo era fruto do medo e da fame que facía ver cousas dónde non había, porque si non existiría hoxe non?

“O wolfram da Brea”

Hoxe  falando da crisis que afecta ó noso país saleu o tema  de cando a xente andaba o “wolfram”- un mineral-

-Aínda me acordo cando íbamos a coller o wolfram á Brea. Eso sí que era traballar, chovera ou fixera sol había que ir, pra ganar un pesiño. Esperábamos eses cartiños coma auga de maio.O wolfram era de dous tipos, o que había no río cun color grisáceo e que se pagaba a 10pesetas o kilo. E tamén  o negro que estaba no monte, había que cavar e  lavávase  nunha palangana hasta que quedaba como se fora area. Éste era máis caro. Tamén había a “pirita” e o “estaño”. Todos estes minerales eran vendidos ós alemanes para fabricar armamento. Eles sí que fíxeron negocio, aquí pouco quedou. Eso sí, aquí creou negocios de moitos tipos e  incluso había iglesia, moitos  cines , peluquería, panadería, chicas …en fín de todo o necesario para vivir.

-E deixábanlle collélo de boa gana?

– Non, non, era un peligro como te colleran levábancho e non cobrabas un patacón e gracias si non che pegaban os guardias unhas bofetadas aínda por encima. Tiñan dous cans coma demonios, un macho chamado: “trabuco” e unha femia “trevisca”. Mi madriña que malos eran, estaban amaestrados para morder. Cando os oíamos ladrar, xa entendíamos que os guardias estaban escondidos detrás da silveira. Cántos apuros teño levado, para ganar ” un nada” e encima sin comer!

Acórdame un día que levei uns “torresmos” de touciño para xantar cunha miguiña de pan de millo. Senteime cerca do río ca outra xente  para comer e non sei como fíxen que os torresmos acabaron índo polo río abaixo,  casi me botei a chorar. O estomágo doíame ca fame e as tripas berraban. Menos mal que houbo alguén que comparteu conmigo do pouco que levaba e máis comín o panciño.E de seguida  volvín a traballar que había que aproveitar o tempo.

Ai, Dios mío moito lle pido a Dios que non volvan eses tempos porque todo era traballar pra nada ter. Sobre todo nós, os pobres, porque algúns si que sacaron cartos, e daban cos “zocos no cú” pensando que aquelo eran as Américas e que nunca se iba a acabar.-Hasta había xente fumadora que cando quedaba sin tabaco  facía os pitillos con billetes de mil pesetas. Decían: ” aínda queda moito e mañán xa gano máis” Pero… por desgracia… acabouse,e máis rápido do que se pensaba, non hai cousa que non se acabe. Hoxe son todo ruínas do que un día foi o poboado mineiro da Brea, un sitio vistoso no que aínda se poden presenciar restos da riqueza de tempos pasados, e que sempre quedará na memoria dos traballadores que o largo dos anos pasaron por alí.

Recadadivas e Villancicos do Nadal

Como o prometido e deuda, aquí achego estas fermosas cancións que espero sean do agrado de todos

E así tamén aproveito para que queden escritas e non perdelas. Quen mas cantan son meus pais, e quero conservalas como ouro en paño.

Algunhas cantábanse en Noiteboa e outras en Reices.

Son todas en castelán e como tal, as escribo.

Aquí nos dieron dieron una gran recadadiva

un señor muy caballero

y una señora muy linda

quédense con Dios señores

si pa el año no volvemos

en el cielo nos veremos.

ANTES DE LAS DOCE A BELÉN LLEGAR

Todo el que se casa sin punta de barba

a los cuatro días mucho se le amarga

porque es una carga muy mala de aguantar

antes de las doce a Belén llegar.

El segundo día dice la mujer

marido trae pan que no hay que comer

contesta el marido no tengo dinero

por más me valiera quedarme soltero

marcharme a la guerra y un fúsil tomar

antes de las doce a Belén llegar.

Todas estas cosas las causan las mozas

ponen sus peinetas  y chisnelas blancas

ellas sin pendientes no saben andar

antes de las doce a Belén llegar.



“O Nadal de fai uns anos”

Xa estamos chegando  o Nadal, unha época chea de gastos, que si comida diferente  para os días máis importantes,que si  regalos, adornos…ilusión, alegría,  e como, non villancicos! Todo sirve con tal de vivir esos días máxicos.

Pois antiguamente era un pouco diferente, os presupostos non daban para tanto e a nosa protagonista cóntanos un pouco como vivían estas datas.

-Cómo se celebraba antes o Nadal?

– Ai, pouco ou nada che ten que ver co de agora! O marisco xa non sabíamos siquiera si o había ou non. Eu , polo menos nunca oín falar del . E e a única comida de festa que se facía  eran as castañas que se gardaban para o vintecatro, xunto co viño que se abillaba sempre ese día. Cómo había que esperar que xiara para poder probalo, aproveitaban para facer coincidir ca Noiteboa. Tamén se facía durante o Nadal fose en Fín de Ano ou en Reices caldo de castañas, que lle botabamos uns chouriciños e… qué festa!!

Eso sí, comida pouca pero …alegría non faltaba!! Íbase cantar polas casas da parroquia e máis doutras veciñas  os villancicos. Claro   que ,antes de botarse ó mundo a cantar, facíamos  academia un mes antes para levar todo ben aprendido.

Marchabamos o vintecatro ahí polas catro da tarde e viñamos o vintecinco para a misa. Non se iba a cama. Cartos traíamos poucos porque nalgunha casa,  decíannos que nos habían dar o aguinaldo na misa do outro día, pero…vaiche boa ….  as palabras levaváas  o aire…

Tamén hai que decir que había unha casa que deixabamos sempre para última, alí sacaban un “petolo de millo”, pa encima da artesa , unha xerra de viño, e a bailar todos!!

O que rematabamos de cantar, facíamos as trasnadas. Por exemplo: si sabíamos que dous veciños se levaban mal, pois cambiabámoslle os carros, para que tuveran que ir un a casa doutro a forza. Aínda me acorda un caso. Había un veciño que decía que a él non lle levaban o carro nin de broma. Foi ó “estrume” o víspera para deixar o carro cargado  e deitouse encima del cunha manta.

Díxolle os veciños- Eu esta noite estou ben tranquilo que teño o  carro cargado e como me hei de poñer   enriba, no nos ha de tentar o demo de levarmo. Xa veredes, vou ser o único en toda a aldea que quede libre das trasnadas destes pillabáns!

Pero claro él falou o conto na taberna e os mozos escoitaron. Esperaron que durmira ben e levaron o carro e máis a él para o río. Pola mañán cando despertou non podìa creer o que vía, estaba enfadadísimo e os mozos escarallabánse ca risa nas casas.Non se enterara de nada, e ca rabia decía: “seguro que me colleron no primeiro sono, que si non… outro galo lles cantaría”

Eran tempos de miseria, fame, frío… pero había unión e alegría na xente e nas casas! Hoxe hai máis cousas para comprar, pero xa nin siquiera se vai cantar polas casas na Noiteboa ou en Reices. Eso acabouse, e  de verdad, que me da moita pena. Pasabámolo tan ben, e disfrutábamos as cousas, en cambio hoxe nada de nada. E agora vouche decir as recadadivas que se cantaban, para que nos deran algúns cartiños que logo repartíamos entre todos. Ai, que tempos aqueles tan bonitos!!!!, que quedarán para sempre no noso corazón, e na memoria mentres a conservemos.

Bueno pois eu agradezolle  a nosa protagonista de hoxe o seu relato, e deixámola cos seus recordos. No próximo artigo coñeceremos estas verbas que me prometeu.

” A borrachera”

Todos sabemos que o alcohol está a orde do día, como o botellón. Pero bueno, eso non e de hoxe. Fai uns anos a xuventude tamén se emborrachaba. Así que a historia que narro a continuación pasou fai máis de dez anos.

O protagonista empeza a narrar o sucedido e costalle traballo aguantar a risa.

-Era un domingo, eu salín cos meus amigos a tomar unhas cervezas, sólo tomei dúas, e xa iba ir para a casa. Pero, alguén non recordo ben quen, insistía en que lle tomaramos a última. Eu, non estaba seguro porque o outro día era día de traballo e tiña que andar no andamio, non fora  ser o demo que caera e me partira un raio. Máis o final a tentación foi grande, e díxenme a mín mesmo: Unha sola e marcho. Así que cada un pideu o que quixo, e eu:” cacaolat con soberano“. Sabía que nin o demo ,e que ben baixaba!! Cando acabei despedínme dos meus amigos e tirei cara a casa. E, ay, menos mal que a tiña cerca, e era costa abaixo que senón non sei como iría. Eso sí, se caía tamén iba a voltas, non? Pero aínda tomperei ben, claro que fun en diagonal todo o tempo. E cando cheguei a casa estaban meu pai e miña nai que berraba coma unha tola decíndolle a meu pai.

– ¿Pero tí viches cómo ven o rapaz?

E ,meu pai dixo sin poder aguantar a risa:

– O que mexe xa lle pasará!!

A min estoupabame a cabeza e todo me daba voltas coma un muíño, pero nestas sentín a necesidade de vaciar a vexiga. Pois non se fale máis, adiante! Saco de ferramenta e ala, a cumpli-los deseos do corpo. Pero, non sei como miro para atrás e vexo a miña nai ca fregona limpando. Non entendía nada. Hasta que miro para o chau e vexo unhas pozas sospechosas. E o seu berro confirmoume o que eu pensaba. Estaba mexando polo pasillo e a pobre da muller viña detrás cubrindo os meus pasos. Vista a situación era mellor marchar para a cama e dormíla mona. Así o fíxen, e por máis que o intentei durmín a cachos. Eu non entendo, ca borrachera que collín debería dormir coma un anxeliño, e foi o contrario. Dei más voltas ca un mono nunha xaula. E chegou a mañá, mi madriña non era capaz de levantar as miñas pousadeiras da cama, pero o deber chamábame.

Un momento, que tiña a cama, estaba mollada!!! Chovería de noite, e rompería algunha tella? Mirei para arriba, pero o techo estaba normal coma todos os días. Entonces que raio pasara?. Toquei as sábanas e o olor foi inconfundible, mexara tamén na cama!!! Pobre miña nai, agora tamén tiña que cambiar a cama!!

Qué vergonza!!! nunca tal cousa me pasara, eso sólo me pasaba de neno!! eso sí, tiña unha cousa clara: nunca máis bebería cacaolat con veterano, nin regalado. E así o cumplín!!Claro que nesa promesa non entraban os cubalibres de outras combinacións. Total como de algo hai que morrer, pois “morra a marta, morra a farta”.

 

 

“Varon Dandy”

A vida cambiara para María desde  que enviudara, xa non era a misma.Todo lle aburría e entristecía. O seu Manuel, fora todo para ela, e agora non encontraba con que entreterse. Os fillos xa estaban casados e ca súa vida feita. Ela non estaba sola, pero, sentía que xa tiña a súa vida vivida e xa non quedaba nada por facer.

Todos intentaban animala, queríana levar a visitar familiares que había tempo que non vira, ir as feiras, os santuarios… en fin, todo o que fixera en vida do seu difunto marido, descanse en paz. A súa familia estaba moi preoucupada e regalabanlle cousas para tela contenta: joyas, colonias, roupa…

Pero, todo era inútil!!! Xa estaban desesperados, porque ela sempre fora moi presumida e non facía por usar as cousas que lle regalaban, e o peor era que xa non se arreglaba. Aquelo pintaba mal. Hasta que por fín un domingo a cousa cambiou, e fíxose o milagro!!.

A señora María decide ir a misa, ponse guapa e ala vai. Cando volve xa trae outra cara, ven máis contenta. Pero… arrecendía  a algo raro. Bueno, pensou a neta: “seguro que botou a colonia que lle regalei po lo seu cumpleanos”.Chega o domingo siguiente e volve a misa, pero cando chega a cociña, volve ese olor, característico que a neta recorda pero non sabe de que. E así uns cantos domingos, ata que a curiosidade e máis forte ca ela, e preguntalle a avoa como se chama  a colonia que bota, porque o olor elle moi familiar, pero non e capaz de saber o nombre.

E a abuela responde toda chea de razón:

– E cal a de ser? E a colonia que botaba teu abuelo , e que ven arrecende!!

– Ai, abuela, pero tí que fíxeches? Eso e o “Varon Dandy” que botaba o abuelo despois do afeitado!!

– E logo, que mal ten? Non iba deixar que se perdera , costou os cartos ou non ? E total a él agora xa non lle fai falta.

 

 

O tsunami

Están tres amigas no baño. Todo transcurre con normalidade, e cando levan uns minutos unha delas empeza a chillar coma unha descosida. As outras dúas salen disparadas a medio vestir. Menos mal que non hai ninguén no baño, que si non, vaia despelote gratis.

Pero, qué eran eses berros de tola?

A protagonista non e capaz de contar o conto, atópase moi mollada e as súas compañeiras non saben a razón. E empeza a relatar a situación:

– Eu entrei toda tranquila para facer un pís. E  nunca me sento en ningún sitio que non sea na miña casa, pero… como neste vín todo tan limpiño… díxen pa mín:

Adiante, que aquí estás segura! e así o fixen,  relaxeime e empecei a vaciar a miña vexija cheíña… o demo debeume atentar e non sei como raio fíxen que de repente, sínto como subía un regueiro de auga fría coma a neve. Pero, que  era aquelo!! Parecía un tsunami!!! de ónde viña aquela regueirada?

Ai, a miña pequeniña, que  iba coller un costipado con tanta friaxe!!, na súa vida levara unha lavadura con tanta forza nin tan fría!!!  Pobriña, mirei pra ela a ver si aínda estaba viva. Pero… seguía sin entender que era o que pasara. Hasta que despois de darlle moitas voltas, comprobei que tirara da cisterna sin darme conta que aínda estaba sentada. Uffff, qué frío!!! Qué tonta estaba, a pouco máis teño que levala a urxencias!! Miña pobriña, estaba tan quentiña no seu escondite, e vou eu, coma unha tola e fágolle este cambio tan brusco de temperatura!!!

A verdade e que estou pensando seriamente en que lle vou facer para volvela a temperatura súa. Eso sí, vou contenta, porque eu lévoa reluciente e a vosa… habería que vela, ja,ja. E tamén lle vou recomendar este sitio o meu marido que sempre se está queixando da pouca forza que ten a auga na nosa casa, así que si ven aquí… ejem. Igual e un peligro, pode quedar fácilmente sin o aparato!!

As outras dúas compañeiras estoupan ca risa, e siguen falando da importancia da hixiene….corporal.

” A nota “U”

 

Dous gaiteiros atópanse logo de un tempo, e coincíden nun bar tomando uns viños.

Poñense o día do que foi a súa vida. Os dous tocaron a gaita nos seus tempos mozos. Agora xa noutra etapa da súa vida, contan as anécdotas e rememoran o tempo pasado, xunto cas alegrías e festas que viviron.

– Bueno, bueno, eu aínda me acordo cando tocabamos nas festas ata hasta as tantas. Si fora hoxe, non aguantaría nin tolo!

– A ver, eran outros tempos, e claro aproveitábamos as festas como o ouro!! Hoxe en día, a cousa cambiou moito, aínda que agora a xuventude empeza a tocar esta música e a mín faime moita ilusión que non se perdan as raíces musicales, pois forman parte da nosa vida.

– E a música lévase sempre no corazón, hasta morrer. E eso que moitos traballos se pasaban, pero o importante era tocar e facer disfrutar a xente e máis o mesmo tempo un mesmo. O peor era  para afinar a gaita. Tí en que nota afínabas?

– Eu… pois… ejem, como iba ser?  Afínandoa, coma todos!

– Xa, pero… en qué nota?- insiste o outro.

– Pois, no “U”

– Cómo que no “U”, eu non conozco esa nota, qué saleu nova agora ou qué?

– Non, non é a de toda a vida. Cando enches o fol da gaita  e fai:” UUUUUUU”

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ós 70 km/h

-E tí bendecíches o coche?

– Eu sí, e logo por qué mo preguntas?

E que e algo que hai que facer tan pronto se compra o coche, porque eche unha seguridad.

Mira, o outro día o meu veciño comprou un coche do trinque, e claro él non pensaba para nada en ir a bendecilo, pero nós os veciños, convencémolo de que era o mellor que podía facer para poder estar protexido en accidentes. Si por desgracia os iba ter, non serían tan grandes porque Dios, axudaríalle.

Ben, pois despois de darlle moitas voltas alá foi onda o cura. Éste fíxo o seu traballo e cando xa rematou díxolle:

– Mira filliño, o coche vai ben bendito boteille auga bendita ca rama de oliva e xa está. Pero, vouche dar un consello a bendición axuda, pero non o e todo.Tamén tes que poñer algo da túa parte… Porque hai un problema.

-E logo cal é?

-Cando o coche sobrepasa os 70 km/hora, Dios báixase!

Non o podía creer! Doíanme as queixadas de tanto rir.

Porque mira o outro día o meu amigo comprou un coche novo, e foi a onda o cura para que llo bendecira.