“O asombramento”

Hoxe vou compartir con todos un conto que me contaron cando eu era pequena e que hoxe veu  á miña memoria, porque alguén o volveu a contar

-Estamos no inverno, tempo de estar ó caloriño  e de mirar a televisión, porque ós contos de antes xa pasaron de moda. Hoxe en día non se sínte falar desto, pero fai uns anos era un tema moi común nas casas o redor  do lume das lareira. Cómo non había en que pasalo tempo, e moita fame mesturado con frío, contábanse contos de meigas, mortos, fantasmas… en definitiva… todo relacionado co medo. Así e que cando se quería ir para a cama, morríamos co medo. Cando un rapaz choraba noite e día e non lograba ninguén facelo calar despois de moitos mimos entraba en xogo a frase: “seguro que ten o asombramento”Pois non se podía perder máis o tempo,  mau a obra canto máis antes.

O primeiro era ir buscar auga a tres fontes diferentes despois das 12 da noite  sin falar con ninguén. Quentala e peneirar enriba dela borralla. Despois coller nove pallas con nove nudos e unha tirala ó aire. As oito que quedaban había que queimálas nunha tella e as cenizas botalas na auga . Seguidamente había que meter alí o nen@, e fregalo desde os pés hasta a cabeza, todo cara arriba para que lle salira o mal. Logo coller unha servilleta de “labanisco” e colar a auga donde se lavou o nen@ . A borralla que queda na servilleta, hai que apretala ben hasta facer unha bola e cando estea feita, pártese e mírase o que hai alí. Pode haber pelos, de xente ou de animales, plumas…. Ahí e dónde se ve a que cousa ou persona lle colleu medo, de ahí ven o nombre: ” o asombramento”, porqué está cheo de medo. O facer este traballo dígamos, a súa alma queda liberada e tranquila.

Esta era unha práctica moi corriente, eu vín moitos casos e algúns salvaron e outros non. Hoxe penso que todo era fruto do medo e da fame que facía ver cousas dónde non había, porque si non existiría hoxe non?

2 comentarios en ““O asombramento”

  1. Mer

    Non sabes a de veces que mo teñen sacado entre miña avoa e miña nai, moi pretiño de aí, en Camporrapado. E seguindo os mesmos pasos que ti dás.
    Bicos, guapa.

  2. A min tamén me quitaron o “sombramento” cando era pequerrecha, lembro as pallas e as mulleres arredor de min. Pero creo que era porque eu medraba pouco que mo fixeron… e vese que non mo sacaron ben, porque sigo sendo pequena! 🙂

Deixar un comentario