Venga a fo… la peseta!!!

Xa había tempo que non coincidíamos pero hoxe, por fín, vímonos.

Despois dos pertinentes saludos sentamos na cafetería e puxemonos o día. O café e o zumo baixaban mentras a conversación iba adiante. Logo de moitos temas, tocoulle o turno ” a mili”, ás putadas  que sufren os novatos cando entran.

– E a tí, dónde che tocou facer a mili?

– En Valencia, e non vexas que suerte tuven e que ben o pasei!!!

– E logo, tan  ben estuveches?

– Pois a verdade e que sí, porque como fixen de peluquero, dígoche que vivín coma un rei, sólo lle cortaba o pelo os “altos mandos”. Alí tiña un local no que tiña os meus apetrechos .  E como estaba no mesmo pabellón que a cociña, poñíame as botas.Como lle cortaba o pelo os cociñeiros, as escondidas, pois eles en agradecemto, si non me gustaba a comida, decíanme:

– Tí, si non che gusta a comida, esperas a que marchen os mandos e pasas pola cociña, alí si queres un bistec cunhas pataquiñas fritas ou outra cousa que che guste, non tes máis que decilo, vale?

– E claro, eu collía a palabra, eso sí, era rara vez que iba. Normalmente comía coma todos.  Pero, facer non facía nadiña! nin iba as maniobras, nin facía guardias, nada!! comer, ver a televisión e cortar o pelo.  Esa sí que che era unha boa vida, pero todo se acaba, e a mín duroume ben pouco. Os dous meses licenciaronme por enfermedad. Eu aínda seguía de boa gana, pero… o que  manda manda.

– E  qué tal levaches as novatadas? son certo así como as contan ou e todo fardar?

– Sí, sí, sonche ben reales!  a primeira noite  xa me avisaron. Como eu, xa daquelas tiña o bigote, dixeronme que a putada podría ser que aparecera pola mañán ca mitade  cortado,o pelo rapado dun lado, a cara chea de azafrán etc… Pero durmín como fan os gatos, cun ollo aberto e outro cerrado. Alá pola media noite, vín que se achegaba un home ben fuerte, pero cando me quixo tocar, xa non lle dei tempo, boteille a man o pescozo, e como eu estaba moi fuerte, apretei un pouco e o tipo xa case non respiraba. Entonces deixeino, e él marchou farfullando entre dentes contra os outros: ” a esta cama nin tocarlle” así que me librei. E fun o único dos novatos, a mañán había de todo, xente co pelo mal cortado, cas caras amarillas polo azafrán…

Pero o que vín e a homes que lle obligaban o que lle chamaban” paseála peseta” e esto consistía en poñela no nariz e levala pegada polo chau hasta donde mandaran eles. Ou o que máis vergonza daba era cando decían : “venga, a fo… la peseta!!!

– Ja,ja, non puden evitar rir. Cómo era posible facer ñaca ñaca cunha peseta?

– Pois sí, poñíanche a peseta na cama, e tí tiñas que facer como que era unha muller e ala… alí facendo a do parvo . Dalle que te pego contra o colchón. Bufff, que vergonza!!!

Esta sí que foi boa, nunca tal cousa oíra e non podía aguantar a risa. A verdade e que a mili tenche cousas ben graciosas pa o simpático que as fai, pero non creo que pensaran así os pobres novatiños.

Deixar un comentario