Jesucristo e os apóstoles

Está Jesucristo reunido cos apóstoles e dílles:

– Mañán subiremos o monte Sinaí, e cada un deberedes levar unha pedra!

Os apóstoles como vos mandados, fíxeron o que o Maestro lles mandaba.

Cada un colleu unha pedra e subeu con ela. Cando chegaron, Jesús dixo:

-Ahora vou a facer unha bendición e as vosas pedras, quedarán convertidas en pan.

Pois sí, dito e feito. Todos os apóstoles non cabían en sí de contentos menos Xudas, que como levara unha miniatura, así era o pan. Non lle chegaba nin a muela do xuízo.

Qué rabia!!! Porque non lle avisaran? Esta xente desde logo non eran de fíar!

Pasaron os días e Jesucrito falou de novo:

-Collede cadansúa pedra que volvemos de novo o monte.

E alá marchou Xudas en busca da pedra máis grande, non quería que lle pasara coma da outra vez. Nesta ocasión, iba ser él o gañador. Empezouse o camiño, era moi longo e con tanto peso, doíalle o lombo, pero, non importaba o sacrificio si a recompensa o merecía.

Logo de moito andar e subir, chegaron. Jesús, tomou a palabra:

– Vou  bendecir de novo, así que collede as vosas pedras e sentadevos nelas!

Xudas non entendía nadiña, pero fíxo o que o maestro mandaba.

Moito sudou   para sentarse naquel penedo, que tanto traballo lle costara subir! Pero, xa estaba ali, e morrerían todos de envidia cando viran o seu pan. Estes pensamentos rondaban pola súa cabeziña e o sorriso de triunfador aparecía na súa boca, cando escoitou decir:

– E hoxe queridos discípulos meus, toca sándwich!

Non, non podía estar pasando esto!

Cómo era posible, decía o apóstol para os seus adentros. Con todo o que me esforzei, e non me sirveu de nada!  Co boa persona que son eu, e que recompensa levei! O mundo virou do revés!!

 

 

 

Deixar un comentario