As festas de antes

Está chegando a festa da Santa María, e o 15 de agosto. Era un día cheo de alegría. Poñíamos o vestido novo, e comíamos pan trigo. Qué festaza!

E logo, en todo o ano non comíades pan de trigo?

-Non ho, nin cheiralo! eso era solo o día da festa,  e encima pouco, había que racionalo pa que chegara pa todos. Na casa cocíase pan de millo, pero de trigo non, porque facía falta e máis un xamón para ,vendelo na feira  e facer uns cartiños para pagar a contribución, E a carne, que hoxe todo o mundo dí que a carne lle sae polas orellas, daquela, quen no la dera!!. Tiñamos uns cachiños pequeniños o día da festa, e menos mal, as veces de tantos que eramos, xa non chegaba nin pa noite. Ai Dios, canta fartura hai agora demais!! E aínda protestamos,

Que si esto non o quero, que si aquelo me aburre… canta soberbia! Pidamos que non volvan os tempiños de antes, porque si non algún morre de fame.

-E a festa, cómo era, había música pola noite?

Non,non, había a banda que tocaba  a mañán ,na procesión e as “bailas da misa” que lle chamabamos. Moito nos gustaban, alí bailabamos todos.  E pola tarde, ahí polas cinco, xa estaban de volta, hasta a xuntiña da noite. Non se podía máis porque non había lus. Qué tristura cando se acababa todo! Menos mal que nós tiñamos dous días, o 15 en honor  a Sta María, o 16 San Roque e no mes de septiembre como se celebraba a patrona dos Dolores, decidiron xuntar todo no mes de agosto, así que temos tres días de festa. Aqueles días ninguén lle doía nada, era todo bailar, había que aproveitar!

-Qué opinas das festas de hoxe?

– A xente, xa non se divirte como antes, agora solo queren o patapum, patapum das orquestas, que che rompen a cabeza e os oídos. Pero o mundo avanza, e hai que avanzar con él . Eso sí, falta a alegría e a ilusión, non se disfruta como antes.Antes como había poucas festas, tiñamos que aproveitalas, e o máis bonito era que había unión, como íbamos todos a andar, xuntabamonos de moitas edades diferentes, e eso era bo, porque como iban moitos homes, coidaban de nós, as mulleres da súa aldea. Así nosos pais, quedaban máis ou menos tranquilos.

Que ben o temos pasado!

Canta razón ten a nosa protagonista! Intentemos vivir cada momento como si fora a primeira vez, e conseguiremos ter ilusión.

Deixar un comentario