Da cintura para abaixo estou coma de quince

O tema saleu a partir da boda da duquesa de Alba. Había diferencias de opinións.

-Bueno, bueno, non podo creer o que ven os meus ollos! Pero que necesidade tiña de casar esta muller co rica que é?- Decía unha muller.

-A ver, e maior de edade, pode facer da súa vida un pandeiro ou non?- Responde a outra.

– Sí, ho e ben certo, pero xa nin case se ten de pé, costalle traballo falar… tí crees que valerá para cumplir na noite de bodas?

– Boh, e que necesidad ten de cumplir?,  Co cansadíña que se vai deitar despois de tanta troula… xa dorme coma un anxeliño! mellor dito os dous. E mira, como ninguén lle vai mirar si xogan ou dormen… queda todo en secreto de palacio.

– Pois eu dígoche a verdad, co rica que é non necesitaba ningún trebello o seu lado! Nin que tivera tanta necesidade de home? Â súa edad, xa pode ir enfríando algo!

-Ai, sí, claro, e moi fácil pa quen ten o pan na casiña, pero… eu que queres que che diga , eu se penso en mín,ejemmm

-Cómo a túa edad, e aínda pensas nesas patarrañadas? Agora que estás viuda e podías estar tranquila sin ter que andar cumplindo aínda que non quixeras, desde logo, tí andas o revés de todo!!

– Mira de salude , ando  toda escaralladiña,   pero…de cintura para abaixo estouche coma de quince. E si tuvera a  oportunidade… había de aproveitar ben. Dios dálle o pan a quen non ten dentes para mordelo.  E eso que xa non son unha neniña! Pero…  como dí o refrán, “Morra  à marta morra à farta”.

Venga a fo… la peseta!!!

Xa había tempo que non coincidíamos pero hoxe, por fín, vímonos.

Despois dos pertinentes saludos sentamos na cafetería e puxemonos o día. O café e o zumo baixaban mentras a conversación iba adiante. Logo de moitos temas, tocoulle o turno ” a mili”, ás putadas  que sufren os novatos cando entran.

– E a tí, dónde che tocou facer a mili?

– En Valencia, e non vexas que suerte tuven e que ben o pasei!!!

– E logo, tan  ben estuveches?

– Pois a verdade e que sí, porque como fixen de peluquero, dígoche que vivín coma un rei, sólo lle cortaba o pelo os “altos mandos”. Alí tiña un local no que tiña os meus apetrechos .  E como estaba no mesmo pabellón que a cociña, poñíame as botas.Como lle cortaba o pelo os cociñeiros, as escondidas, pois eles en agradecemto, si non me gustaba a comida, decíanme:

– Tí, si non che gusta a comida, esperas a que marchen os mandos e pasas pola cociña, alí si queres un bistec cunhas pataquiñas fritas ou outra cousa que che guste, non tes máis que decilo, vale?

– E claro, eu collía a palabra, eso sí, era rara vez que iba. Normalmente comía coma todos.  Pero, facer non facía nadiña! nin iba as maniobras, nin facía guardias, nada!! comer, ver a televisión e cortar o pelo.  Esa sí que che era unha boa vida, pero todo se acaba, e a mín duroume ben pouco. Os dous meses licenciaronme por enfermedad. Eu aínda seguía de boa gana, pero… o que  manda manda.

– E  qué tal levaches as novatadas? son certo así como as contan ou e todo fardar?

– Sí, sí, sonche ben reales!  a primeira noite  xa me avisaron. Como eu, xa daquelas tiña o bigote, dixeronme que a putada podría ser que aparecera pola mañán ca mitade  cortado,o pelo rapado dun lado, a cara chea de azafrán etc… Pero durmín como fan os gatos, cun ollo aberto e outro cerrado. Alá pola media noite, vín que se achegaba un home ben fuerte, pero cando me quixo tocar, xa non lle dei tempo, boteille a man o pescozo, e como eu estaba moi fuerte, apretei un pouco e o tipo xa case non respiraba. Entonces deixeino, e él marchou farfullando entre dentes contra os outros: ” a esta cama nin tocarlle” así que me librei. E fun o único dos novatos, a mañán había de todo, xente co pelo mal cortado, cas caras amarillas polo azafrán…

Pero o que vín e a homes que lle obligaban o que lle chamaban” paseála peseta” e esto consistía en poñela no nariz e levala pegada polo chau hasta donde mandaran eles. Ou o que máis vergonza daba era cando decían : “venga, a fo… la peseta!!!

– Ja,ja, non puden evitar rir. Cómo era posible facer ñaca ñaca cunha peseta?

– Pois sí, poñíanche a peseta na cama, e tí tiñas que facer como que era unha muller e ala… alí facendo a do parvo . Dalle que te pego contra o colchón. Bufff, que vergonza!!!

Esta sí que foi boa, nunca tal cousa oíra e non podía aguantar a risa. A verdade e que a mili tenche cousas ben graciosas pa o simpático que as fai, pero non creo que pensaran así os pobres novatiños.

Me rolló todo el chupete

A dependienta da pescadería no supermercado limpa o pescado con seguridad e a  experiencia.

A clienta, mira como deixa todo ben limpo e entra en conversación. Ten un neno pequeno no colo que abre os ollos coma platos, mentras chupa no seu tesouro,  con forza e alegría.” O chupete”.

E para que a espera sea máis amena ,empeza a conversación.

– Ay, dichoso chupete me pone nerviosa, mi hijo se pasa el día chupa que te chuparás, en esa goma inútil. Desde luego me pregunto que le encontrará, porque ni que llevara azúcar?

A dependienta e de poucas palabras, e encima non se leva moi ben co castellano pero, facendo un esforzo sobre humano fala.

– Pues, sí que es cierto, mi hijo hace igual. Es como si le echaran algo que les crea dependencia. Yencima, el problema más grande es que no duran nada de nada. Yo le compré uno de la marca “Chicco”, que se supone son buenos y resistentes. Pués me lo royó todito, todito. Tiene unos dientes…

Foi acabar de falar e xa se dou conta do erro tan grande que acababa de cometer.

A compañeira da traballadora mira para ela e dílle, pero tí sabes o q díxeches?

– Sí, ho, que vergonza! Pero, agora que lle vou facer, xa vai alá. Quen me dera fora do sitio, como narices se dirá que mo roeu!Non fun capaz de conxugar o verbo, e disparei sin pensar. Daquí pa diante, eu sigo co meu galleguiño, e o demo. Quén me mandaría a mín meterme nestes fregados, esto pasame por querer ser fina. A ver si aprendo!!

E o final, as dúas compañeiras non aguantaban ca risa. Menos mal que esperaron a que a clienta marchara, si non aínda había de pensar que se rían dela.

 

Los cruechos

Ibamos camiño da Ponte Arcediago no Concello de Santiso, provincia de  Coruña para participar  nun  certamen de coros, o que estabamos invitados e  no que o pasamos moi ben, por certo.

Ibamos describindo a paisaxe, facendo bromas, dicindo por exemplo: a nuestra derecha tenemos  ” tojos” carbajos”, nogueras…. como fan as guías turísticas, sólo que nós castejaneando, como se dí vulgarmente, non?

O tema era, cando se vai vivir da aldea para a  ciudad, -sin ánimo de ofender a nadie, nin xeneralizar. A maioría subenselle os fumes, e xa lles parece que non son galegos ou aínda que estén na provincia, falan castellano. Penso que se sínten máis importantes, debe ser algo así coma cando se empeza a beber ou a fumar, para aparentar ser adulto, cando realmente aínda se e un neno.

A viaxeira, relata  pausadamente que cando ela era unha mociña, recorda un matrimonio con dúas fillas que marcharon para unha ciudad de Galicia. Botaron un tempo sin vir e cando o fixeron, xa viñan moi cambiados, andaban moi estirados e miraban a todos por enriba do ombreiro.

Aínda hoxe, que son unha muller feita e direita acordanme as súas miradas de grandeza. Pero o máis bonito foi o que lle escoitei decir a muller dirixindose cara as fillas.

-Niñas, portaros bien, que luejo iremos  recojer a los cruechos!!!

-Non o podía creer!!! escarallabame ca risa, pero… e estes de dónde viñan? Parecían marcianos!!

Ai, que ganas me daban de decirlle que porque saliran da pateira, “os crouchos , ou noces” -fruto nogueira- na nosa aldea seguían chamándose  así. Alí nada cambiara para nós, pero sí para eles que xa se consideraban  turistas  Emigraran a uns kilómetros da casa, e xa lles parecía que estaban na Argentina.

As risas non se fixeron esperar, e o viaxe  foi moi ameno.

Personalmente penso que aínda que emigremos, non debemos perder a nosa lengua materna, e os nosos oríxenes, que son as nosas raíces.

Eso sí, pido desde aquí, que ninguén se sinta aludido nin molesto por esta situación, son cousas que pasan.  E a vida hai que tomala con humor e alegría, porque e un regalo , hai que valoralo e aproveitalo o máximo posible, sea castejaneando ou non.  Vivamos coma galegos!!

Jesucristo e os apóstoles

Está Jesucristo reunido cos apóstoles e dílles:

– Mañán subiremos o monte Sinaí, e cada un deberedes levar unha pedra!

Os apóstoles como vos mandados, fíxeron o que o Maestro lles mandaba.

Cada un colleu unha pedra e subeu con ela. Cando chegaron, Jesús dixo:

-Ahora vou a facer unha bendición e as vosas pedras, quedarán convertidas en pan.

Pois sí, dito e feito. Todos os apóstoles non cabían en sí de contentos menos Xudas, que como levara unha miniatura, así era o pan. Non lle chegaba nin a muela do xuízo.

Qué rabia!!! Porque non lle avisaran? Esta xente desde logo non eran de fíar!

Pasaron os días e Jesucrito falou de novo:

-Collede cadansúa pedra que volvemos de novo o monte.

E alá marchou Xudas en busca da pedra máis grande, non quería que lle pasara coma da outra vez. Nesta ocasión, iba ser él o gañador. Empezouse o camiño, era moi longo e con tanto peso, doíalle o lombo, pero, non importaba o sacrificio si a recompensa o merecía.

Logo de moito andar e subir, chegaron. Jesús, tomou a palabra:

– Vou  bendecir de novo, así que collede as vosas pedras e sentadevos nelas!

Xudas non entendía nadiña, pero fíxo o que o maestro mandaba.

Moito sudou   para sentarse naquel penedo, que tanto traballo lle costara subir! Pero, xa estaba ali, e morrerían todos de envidia cando viran o seu pan. Estes pensamentos rondaban pola súa cabeziña e o sorriso de triunfador aparecía na súa boca, cando escoitou decir:

– E hoxe queridos discípulos meus, toca sándwich!

Non, non podía estar pasando esto!

Cómo era posible, decía o apóstol para os seus adentros. Con todo o que me esforzei, e non me sirveu de nada!  Co boa persona que son eu, e que recompensa levei! O mundo virou do revés!!

 

 

 

Aniversario de casados

A conversa producese entre dúas mulleres tomando café relaxadamente.

-Así que o outro día foi o  voso aniversario de matrimonio, e cantos anos son?

-Uffff, trinta e dous, eche toda unha vida!!

– Bueno, muller outros cumplen máis, e aínda están aquí, así que hasta os cen…

– Mi madriña, Dios me libre! non sei si o aguantarei!

– Ou él a tí, non?

As risas escoitaronse en todo o local.

-A ver, conta, conta, que che regalou?

-Regalarme? en estes anos todos, poucas cousas, nunca foi romántico nin detallista. E mira que eu esperaba sempre con ilusión, polo menos que se acordara. Pero nada. Os primeiros anos, a mín acordabame moito, sería pola novedade, e hasta lle teño regalado, un reloj… detalliños. Pero ahora… pa que.. E este ano sí que foi casualidade, acordoulle a él, uns días antes.

-Polo menos daríache un biquiño, ou unha noite de pasión?

– Vaiche boa!! e cos bicos teño que ter coidado, porque si o morreo un pouco de tempo, xa empeza a menear a cabeza pa soltarse, e casi xa quere poñer os ollos en blanco, dí que lle falta o aire. Non me quero imaginar, se lle meto a lengua… entonces, direitiños a urgencias, si e que chegamos a tempo!

– E entonces, como o celebrastes?

– Pois nada, o único detalle que tuvo, e para eso, estou segura que alguén lle dou a idea,  foi a floristería, e na cama estaban postas, tres clavelinas, unha rosa, outra blanca e a última apigarada. Levei un susto! Pensei que alguén morrera, non entendía nada.

– Ai logo, cumpleu?

Si ho, mira, eranche pequeniñas,  esmirriadas e como si encima estuveran sin vida. Cando as puxen no mini floreiro, mira xi eran pequenas, que as metín na vinagreira, sin vinagre, eh? Laveina ben lavadiña, e xa parece que reviviron algo. Debían ser as únicas que quedaban, e deberonllas vender a bo precio, ja, ja.

– O que conta e o detalle, non?

A verdade e que sí, pero chegamos a cama,  pegou media volta, e ala, arreglate como poidas. E con este panorama, que me queda de facer? Pois o mismo, revirarme, pegar cu con cu, e dormir, soñando que o próximo ano, haberá unha celebración diferente, incluso, con foguetes.  Non dos das festas, dos caseiros, eh?

E sabes o que máis rabia me dou? Por pata do demo, pa un ano que eu non tiña nada,- e sempre o deixaba avergonzado-, agora deixoume él a mín. Ca pouca cousa que  me dou, e chegoulle pra quedar por riba! Xa estou maquinando como vou facer, pra volver a estar dacabalo. Teño que volver a mandar eu de novo!!!

Ai, o matrimonio, os detalles, o amor, a ilusión, as alegrías,  a parexa… en fín  … a VIDA. Cantos momentos vividos e compartidos!A nosa protagonista o final foi sorprendida cando o menos o esperaba e eso e  bonito. O fínal aínda está contenta.

Pois, non me queda máis que desearlle a este matrimonio FELICIDADES  e que, con clavelinas ou sen elas, vivan moitos anos e sean felices.

Xa se mantén ela sola

E vai outra de hospital. O paciente operase dunha hernia inguinal.Él, ten 60 e pico anos, pero aínda se conserva ben, e a ilusión vive, e  responde si fai falta, según dí él.

Está nervioso, e a primeira vez que vai a quirófano, e non as ten todas consigo, aínda que lle dixeron que esa operación era un lixo, claro que, coma en todo podía haber complicacións. Fora mellor que calaran, pois así o home estaba mais ou menos tranquilo, pero nada, o médico explicou todo, agora xa non hai segredos profesionales.

Pero antes de entrar hai que preparala zona e darredor. Desinfectar, e depilar para previr posibles infeccións. Todo correcto, pero o problema foi que chegou unha mociña moi ben feitiña.

Non o podía creer, non lle  podían mandar un enfermero?, nestes casos sempre era mellor, pois aínda que dentro o iban ver desnudo… prefería que non fose unha muller e encima nova. Dios que calvario, pero … ahora non había nada que facer, él, non mandaba nada, así que tocaba estar quietiño e caladiño. Empezou a sesión de depilación, e a enfermera víase con moita maestría, collía o aparato reproductor e poñíao pa esquerda, pa dereita, pa un lado, po outro, pra deixar todo limpiño ca cuchilla, había que ir con moito coidado, non fora ser que o cortara. Pero claro tanto meneo…  cedo ou tarde, algunha consecuencia tiña que ter.

Uuuuuyyyy, o home empezaba a sudar, aquelo, iba de mal en peor!Pero faltaría moito pra acabar? Non quería decir nada, pero o tema subía solo, e non o podía evitar, que vergonza! Así que non tuvo máis remedio que decir as palabras mágicas:

– Tranquila, podelo deixar, que xa se mantén sola!!!

Aiiii! que mal me sentín, púxenme rojo coma un tomate, e ela non paraba de rir. Si soupera que quentura tiña eu, bueno,  intuía, porque  eu, non o podía esconder!

Desde logo, que apuros se pasan nesta vida. Qué sofocos pasei! Menos mal que entrei rápido para quirófano e alí xa me pasou. A verdade e que a … ejem, e unha impresentable, non me ten respeto ningún. Manda sempre ela, eu solo lle sirvo para que vaia colgada. Bueno, hai que se conformar co que hai.

Amigos, coidado nestas situacións, non son agradables, e un, non e de pedra. Claro elas como as ven todos os días, xa non lle topan mérito, pero nós… mi madriña, qué ilusión!! E de esto, e do que se vive! Así que hai que aproveitade, e vivide  a vida, que e unha sola.

A minga sinverguenza

Chegou o día, a rodilla estaba preparada para entrar en quirófano, Miguel, quere que todo acabe rápido para vir pa casiña e poder descansar.

Recibe anestesia epidural ( sólo se sinte dormido de cintura para abaixo)

A operación remata e pasano a sala de recuperación, ahí empezan os problemas.

Eu non sentía as pernas, intentaba movelas e pesaban un quintal, pero eso non era o que máis me preoucupaba. Chegou unha enfermeira, que me preguntou a ver como iba. Noviña, calculo uns vinte aniños , rubia, feitiña. Ummmh, estaba para comela!, pero… a miña minga…, nada, non obedecía, e díxenlle:

Pero a ver ho! non seas sinverguenza, levantate e saluda polo menos!

Nin caso, non houbo maneira, foi unha desgraciada, funciona cando non fai falta, pero tamén pensei, e pa que quero que funcione si total non lle podo facer nada… así como estou, mellor e que durma.

Canta razón ten o paciente, o non poder facer nada, e mell0r estar quietiños, que logo sufre as consecuencias.  Menos mal que co paso do tempo, o aparato foi recuperando a súa fortaleza e Miguel xa respirou aliviado, pero explicou todo o proceso.

Qué desgracia sería si non se levantara… mi madriña, unha gran catastrofe! Eso sí, o que se recuperou,  foi levantando a cabeciña lentamente, porque a miña minga estaba moi cansadiña despois da siesta que se pegara. Pero o final respondeu como era debido, aínda que non a estresei, eu xa era feliz, vendo que resucitara.

Buff, espero non ter que volver a verme nesta situación, que tristura si me quedara así para sempre.

As festas de antes

Está chegando a festa da Santa María, e o 15 de agosto. Era un día cheo de alegría. Poñíamos o vestido novo, e comíamos pan trigo. Qué festaza!

E logo, en todo o ano non comíades pan de trigo?

-Non ho, nin cheiralo! eso era solo o día da festa,  e encima pouco, había que racionalo pa que chegara pa todos. Na casa cocíase pan de millo, pero de trigo non, porque facía falta e máis un xamón para ,vendelo na feira  e facer uns cartiños para pagar a contribución, E a carne, que hoxe todo o mundo dí que a carne lle sae polas orellas, daquela, quen no la dera!!. Tiñamos uns cachiños pequeniños o día da festa, e menos mal, as veces de tantos que eramos, xa non chegaba nin pa noite. Ai Dios, canta fartura hai agora demais!! E aínda protestamos,

Que si esto non o quero, que si aquelo me aburre… canta soberbia! Pidamos que non volvan os tempiños de antes, porque si non algún morre de fame.

-E a festa, cómo era, había música pola noite?

Non,non, había a banda que tocaba  a mañán ,na procesión e as “bailas da misa” que lle chamabamos. Moito nos gustaban, alí bailabamos todos.  E pola tarde, ahí polas cinco, xa estaban de volta, hasta a xuntiña da noite. Non se podía máis porque non había lus. Qué tristura cando se acababa todo! Menos mal que nós tiñamos dous días, o 15 en honor  a Sta María, o 16 San Roque e no mes de septiembre como se celebraba a patrona dos Dolores, decidiron xuntar todo no mes de agosto, así que temos tres días de festa. Aqueles días ninguén lle doía nada, era todo bailar, había que aproveitar!

-Qué opinas das festas de hoxe?

– A xente, xa non se divirte como antes, agora solo queren o patapum, patapum das orquestas, que che rompen a cabeza e os oídos. Pero o mundo avanza, e hai que avanzar con él . Eso sí, falta a alegría e a ilusión, non se disfruta como antes.Antes como había poucas festas, tiñamos que aproveitalas, e o máis bonito era que había unión, como íbamos todos a andar, xuntabamonos de moitas edades diferentes, e eso era bo, porque como iban moitos homes, coidaban de nós, as mulleres da súa aldea. Así nosos pais, quedaban máis ou menos tranquilos.

Que ben o temos pasado!

Canta razón ten a nosa protagonista! Intentemos vivir cada momento como si fora a primeira vez, e conseguiremos ter ilusión.

Ollo donde se practica ñaca ñaca

O título e este, porque cando estamos inmersos practicando o ñaca ñaca, ninguén se pon a inspeccionar o lugar, a non ser que esteamos o aire libre, non? entonces hai que controlar os intrusos. Por eso este caso, chamoume a atención, e aquí o escribo, para que teñades coidado.

Unha funcionaria australiana,  lesionou o nariz, a boca e os dentes, despois de que un espello lle caera encima mentras practicaba sexo,e exige o Estado unha compensación por danos e perjuicios. O accidente pasou na habitación do hotel no que se aloxaba durante unha viaxe por traballo. O abogado do Estado dixo, que o ñaca ñaca, non entraba dentro das necesidades básicas de estes viaxes.

Moi bonito todo, pero, eu preguntome, e quen e o abogado para cuestionar as necesidades desta muller, ou qué? Sabe Dios o tempiño que se cadra levaba sin probar nadiña! e o día que o pilla, vai a desgraciada e casi queda sin nariz e dentes. Desde logo que vida máis cruel, eh? non vos parece? Seguro que nin rematou a faena! Pobriña, que pena me da!!

Claro que ,o Estado, que culpa lle ten?. Eso sí, eu penso que o abogado o que ten e envidia cochina, que non fora él o acompañante. Porque polo menos conseguirlle algo de axuda para o dentista, non? que menos!

Así que, un consello vos dou, antes de poñerse o tema, hai que inspeccionar que todo estea no seu sitio,  leva pouco tempo, e así podes disfrutar. Dentro de pouco teremos que levar un casco na cabeza!!