Os sentimentos da ausencia.

Levo tempo sin pasar por aquí por diversas circunstancias. Pero hoxe vouno facer para levar a cabo un consello de quen me quere moi ben e sempre me dí: “Mari, escribe os teus sentimentos, porqué cando o vexas escrito o teu corazón estará un pouco máis libre do dolor. Vou a probar,vou a compartílo con tod@s vos.Non perdo nada e espero que me sirva a superar esta triste situación. Penso que será coma unha terapia. E un tema do que evito falar, porque´me produce moito dolor, pero dalgunha maneira teño que facer para seguir ca miña vida adiante.

Estas palabras van dedicadas a alguén que quero con locura ,que xa non está con nós neste mundo ,e que  a súa ausencia despois de tantos anos,me sigue provocando dolor.

Onte fíxo 18 anos, cómo pasa o tempo!! Aínda parece que foi onte que nos deixáches para sempre e prematuramente. Deixáches de respirar sin previo aviso, o último día da festa da nosa parroquia, a misma hora que debías coller o avión para un país estranxeiro no que levabas 11  anos e que tan ben te acollera.  Que gran dolor!!!  Que desgracia!! Nunca antes probara tal sentimento.Pensei que se me partía o corazón, parecía unha pesadilla! Eu sólo quería despertar e ver que todo fora un mal soño, pero o día pasaba e as cousas íbanse sucedendo unha tras outra sin pausa.

Houbo que preparar todo e facerche a despedida. Tod@s estábamos nunha nube. Eu recordo que parecía unha zombie, non era eu, facía as cousas coma un robot e sólo quería escapar e berrar o máis fuerte posible. Ésta foi a miña reacción cando o soupen. A miña cabeza iba a estallarme. Eu aínda non estaba reposta da miña grave operación e non podía pensar claramente. Sólo quería que  tí me falaras e me dixeras que todo iba ben, cómo che díxen antes de deixarte no hospital para vir a buscar as túas cousas para facer o ingreso, cousa que non dou tempo por desgracia. Cánto me culpei por non chegar a tempo!!!!! E aínda hoxe me sigue pesando no corazón. A forense díxo que nada se pudera haber feito, foi fulminante. De mil personas tocáballe a unha, e esa por desgracia… fuches tí. Seguía sin creelo, a culpa comíame por dentro. Tí pedírasme que si te quería non te levara o hospital, na última vez sufríras moito e non querías volver, fíxéranche probas demasiado dolorosas para nada. Pero porqué che fíxen caso? Si non te houbera escoitado non perdíamos o tempo en dar voltas con outros médicos e o mellor podían haber intentado unha operación. Polo menos intentálo!! A forense, os médicos… todos intentaron convencerme que nada se podía haber feito, pero a miña conciencia xa quedou manchada para sempre. Sï, cumplínche o gusto a tí, pero quedei destrozada.

Sígote buscando ca mirada entre a xente, sigo esperando que veñas nas vacacións, e en Navidad. E doume consuelo a mín misma  decíndo: ” si non veu desta, virá para a próxima” pero… nunca pasa. Ahora teño que ser consciente que esto acabouse fai moitos anos e non vas volver por desgracia. E non podes imaginar o gran dolor que me produce, teño que ser realista dunha vez e pasar página por moito que me doia. E unha pena que me consume por dentro lentamente e os recordos siguen estando na miña mente. Non podo visitar os lugares os que fun contigo, ver as túas cousas, a roupa… que aínda conservo. Sei e sínto que tí non quererías que eu vivise esta pena eternamente porqué tí estabas chea de alegría, ilusión e sempre ca túa sonrisa na cara. Que dulce eras! Enfadeime moito con Dios, xa non creía nel porqué te levara, pero o fina do túnel oscuro e o paso dos anos, alguén moi querido me fíxo recapacitar e ver que ÉL non te levara, sinon a maldita enfermedad que non te deixou neste mundo para que disfrutaramos de tí.

Foi moi duro ir a recoller as túas cousas a ese país, que ahora tamén forma parte da miña vida gracias a tí. Pero gracias @s amig@s que tí deixáches e outros que fíxen despois, conseguín leválo mellor. A súa axuda foi moi importante , estarei sempre en deuda e agradecida.

O dolor  ahora e menos intenso pero a túa ausencia sigue sendo dura. Pensei que o paso dos anos lograría sacarme algo de malestar, pero sólo conseguín que o dolor fuerte dos primeiros tempos se atenúe co tempo.Xa e algo.

Sempre decías que o día que foras para o ceo, volverías convertida nunha mariposa libre e voadora. Sígote buscando nelas cando vexo algunha revolotear o meu lado, quero pensar e sínto que estás o meu lado. Porqué si non penso así, volveríame tola. Tamén te busco nas personas que teñen parecidos contigo e o meu corazón late con forza porqué sínto un pouco de alivio, aínda que son consciente que todo forma parte dun engaño, pero que me axuda a levalo mellor.

Cando che levo flores e falo contigo na soledad do sitio onde estarás para sempre, as lágrimas sempre veñen os meus ollos, pero logo paso pola fonte da nosa capilliña e alí lavo os ollos para que ninguén vexa que sigo chorando.Non quero que os da casa sufran, aínda que tod@s seguimos con dolor.

Nunca te olvidarei e sempre te levarei no meu corazón. GRACIAS POR TODO O QUE COMPARTIMOS E NON ME ABANDONES.

Un comentario en “Os sentimentos da ausencia.

  1. Hay que dejar marcharse a los que ya se fueron, hacernos a la idea de que ya no están físicamente, pero que sus lindos recuerdos quedan pegaditos a nosotras y sentimos su presencia para siempre.
    Pero la vida, eso que llamamos vida, es hoy, ahora.

    Un abrazo muy fuerte!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s