“Ulideiras”

O día estaba frío e pasado con auga pero a compañía logrou que entrara en calor e ca risa aínda máis.

Menos mal que o café con leite estaba quentiño e os acompañantes eran agradables, a tarde propiciaba unha conversa chea de emoción. Puxen a orella a funcionar cando empezou a falar.

A conversa iba de olfato así que prometía.

-Ai, eu teño unhas “olideiras” que para can de caza non tiña precio.!!

As risas sonaron na cafetería e os que estaban de lado miraron para nós.

-Vouvos contar o que pasou na miña casa un domingo. Celebrábamos un cumpleanos con atraso e para esa ocasión compramos unhos centolos ben cheíños, daba xenio vélos, xa se comían cos ollos!! Así que …. maus a obra!!

Todo estaba disposto para preparálos, pero…. que era ese cheiro? Parecía que viña do centolo!! Seguro que era unha falsa alarma, tiña pinta de moi fresquiño. Puxen o nariz a funcionar e fíxen a inspección na cociña… non podía ser, o cheiro levábame sempre ó marisco que me decía “cómeme”

Non recordo as veces que o “arrecendín” e as voltas que lle dei. Hasta llo metín nas ventas a todos os da casa para ver si era eu a  que lle fallaba a pituitaria.

Eu xa me estaba poñendo negra, con todos os cartos que gastara e encima non os podíamos comer. Decían todos: ” a ver si imos morrer co raio dos centolos” Así que co medo no corpo, alguén dixo:

-¿E si llos damos ó Moro?

O Moro é  un dos cans máis vellos,así que si algo pasaba por mala suerte… pois polo menos os seus últimos momentos da vida… comera marisco.

Mirámonos todos e … finalmente tomamos a decisión.O can, nin que o ventara que xa levaba un cacho co fuciño e cas patas levantadas. Sólo lle faltaba poñer o babeiro.

Así que lle dei o primeiro, empezou a comer con moita ansia e de vez en cando miraba para nós como decindo: ” qué faría eu para merecer esta festa” e nós a cada bocado que metía na boca…contabamos que en calquera momento…  o pobre… iba para o outro mundo. Pero os centolos acabarónse, os minutos pasaban e o can cada vez lambía máis o fuciño. Acabou e deitouse ca barriga ó sol, fora un gran domingo para él. E para nós…. un desgraciado problema de “ulideiras”.

2 comentarios en ““Ulideiras”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s